logo_texto

Horarios. Recomendacións. Percorridos. Máis información. Ver impreso.

CURSOS DE PIRAGÜISMO 2016

Este ano os cursos de piragüismo do Grupo Xuvenil serán dos días 1 ao 31 de xullo no Lago das Pontes.

A idade mínima para participar son 8 anos sen límite superior.
O único requisito é saber nadar e ter ganas de facer deporte e divertirse.

Aos participantes que o soliciten se lles tramitará licencia federativa e poderán participar en competicións co club.

Se te queres apuntar so tes que entregar nas instalacións do club de piragüismo a folla de isncrición que podes descargar máis abaixo cuberta e firmada xunto con unha foto tamaño carné co nome por detráse copia do DNI.
A foto e a fotocopia do DNI se poden enviar escaneadas a xuvenil@gmail.com.

Se xa eres socio do Grupo Xuvenil o curso e gratuíto, se non o coste do curso e de 30€+ Licencia.
Facerse socio do club so custa 36€ por trimestre.

cursos 2016

Horarios

O horario será de 11:00 a 13:00 horas de luns a venres salvo festivos.
A furgoneta comezará a ruta de recollida ás 10:45.

Recomendacións

Recomendase levar a seguinte ropa:

  • Bañador ou mallas de licra,
  • Camiseta (que seque facil, ideal licra de manga curta),
  • Chanclas ou escarpíns de neopreno,
  • Toalla,
  • Chandal ou ropa deportiva e zapatillas deportivas,
  • Protector solar é recomendable, aínda que non sempre sae o sol.
Todos os participantes no cursiño levarán chaleco salvavidas que lles proporcionará o club.

Ruta da furgoneta

A furgoneta do club pasará todos os días pola seguinte ruta:
A Fraga - Avda. Vilalba (bar Somozas) - kiosco da Magdalena -Avda. Ortigueira (parque) - Praza do Hospital - Avda. Galicia - Piscina Municipal - Rúa Pardo Bazán - Lago
Unha vez comezado o curso e en función dos participantes póderanse modificar algunhas paradas.

Podes descargar aquí o impreso para imprimir e apuntarte.

non é necesario ter conta de Dropbox para descargar, simplemente pecha a ventá de rexistrar/crear conta

Máis información no correo xuvenil@gmail.com, no teléfono 675 95 22 87 ou nas instalacións do club de martes a venres de 17:30 a 20:00 h.

Horarios. Recomendacións. Ruta. Máis información. Ver impreso. Volver ao inicio da páxina.

aspontes
deputacion
deporte
non
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |