logo_texto

INSTRUCIÓNS PARA FACERSE SOCIO OU SOCIA DO CLUB

Dende o 1 de xunio de 2025 o método para facerse socio ou socia do Grupo Xuvenil vai ser a través da plataforma Cluber, pola que se xestionará a recollida de datos e os pagos de todos os socios actuais e futuros

Algúns xa coñeceredes a plataforma, pois a utilizan outras entidades da vila, pero básicamente é unha plataforma de xestión de cobros e comunicacións para entidades deportivas. A empresa (con sede na Coruña e con certificación de cumplimento da lei de Protección de datos) será a encargada da xestión dos cobros e a garda dos datos en servidores seguros, así o club deixa de ter os datos das vosas contas bancarias.

O pago realziarase mediante tarxeta bancaria e terá un pequeno coste para o socio do 4% (máis IVE) da cota (que suporá uns 73 céntimos de euro ao mes coa cota actual), e en todo caso e menor que o coste que o banco lle cobra ao club pola emisión dos recibos.

O pago sempre se realizará a través das plataformas de pago seguro da vosa entidade bancaria.

Para identificarse na plataforma é necesario un número de teléfono, pero todos os trámites pódense facer nun navegador sen necesidade de intalar a aplicación (inda que a aplicacción do móvil é cómoda e práctica)

Para darse de alta hai que acceder directamente á seguinte ligazón: https://app.cluber.es/clubes/68061b334a62e124751364/inscripcion

ou entrando na app para Android e Apple no voso teléfono.

Cando entredes por primeira vez teredes que dar de alta un "titor" que será a persoa maior de idade que figurará como socio ou socia nos rexistros do club, e tantos "deportistas" como usuarios vaides ser na unidade familiar. Por costume no club un socio ou socia poder ter como usuarios a si mesmo, á súa parella e aos fillos e fillas menores de idade ou maiores a cargo económicamente.

Se o único usuario vai ser o titular tamén terá que darse de alta como deportista.

Unha vez introducidos os datos persoais a aplicación pedirá que seleccionedes unha cota, tedes a opción de seleccionar xa para todo o ano (que será cobrada por trimestres) ou so un trimestre. Para os distintos "deportistas" (os usuarios) elexide a cota de "Deportista a cargo" que non ten custo económico.

Tamén existe a posibilidade de facerse socio colaborador do club cunha cota reducida (6€ ao mes, pagadeiros trimestralmete) sen dereito a utilizar as instalacións do club .

Deixamos aquí algúns titoriais da aplicación que poden ser de interés.
Guía para titores
Como acceder por primeira vez


aspontes
deputacion
deporte
non
cluber
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |